Relatos de auga intelixente

IV Edición do concurso literario organizado por Viaqua


Viaqua quere implicar os estudantes no coidado do medio ambiente e o uso sostible da auga. Por este motivo, a empresa pon en marcha o IV certame literario que leva por título ‘Relatos de auga intelixente’. O obxecto do certame é contribuír na difusión da cultura da auga a través da literatura ademais de concienciar á xente nova da necesidade de coidar o medio ambiente

A quen está dirixido? Estudantes entre 12 e 17 anos, que residan ou que os seus centros educativos e/ou de formación se encontren situados naqueles municipios nos que Viaqua presta servizo están chamados a participar na categoría que lles corresponda dentro das dúas establecidas: ESO e Bacharelato ou F.P.

Cal é o obxectivo? O desexo de Viaqua é que a auga e o medio ambiente estean presentes no día a día dos escolares que residen nos municipios donde presta servizo durante o maior tempo posible.

Cales son os premios? O autor do relato curto gañador en cada unha das categorías levará un iPAD mini e o segundo premio será un libro electrónico.

Enviaráse unha convocatoria personalizada do certame aos centros educativos, unha vez iniciado o curso lectivo 2017-2018. O prazo de entrega de envío das obras pechará o 31 de decembro e o acto de entrega de premios celebrarase durante a semana do Día Mundial da Auga de 2018, na cidade ou municipio do gañador de cada categoría. Todos os detalles do certame os podes consultar en: www.viaqua.gal


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo