Concurso de noso: microrrelato e cartelería




BASES MICRORRELATO
PARTICIPACIÓN:
Poderá participar todo o alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato  que curse estudos no Sagrado Corazón de Pontevedra.

MODALIDADE:
Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en língua galega e concorrerán na categoria de microrrelatos. Os microrrelatos deberán ter unha extensión máxima de 200 palabras (sen espazos), mecanografados a dobre espazo e nos que a acción transcorra durante un 17 de maio, Dia das Letras Galegas.

PRESENTACIÓN:
Enviarase unha copia en soporte informático ao seguinte enderezo electrónico antonio@sagradopontevedra.org. No relato deberá constar o título, mais non deberá aparecer o nome do/a autor/a, que deberá ser enviado  nun novo correo no que consten título, nome do/a autor/a e curso.

PREMIOS:
Concederanse tres premios.
Se na opinión do Xurado a calidade dos microrrelatos así o requirise poderán outorgarse accésits. Así memso, os premios poderán declararse desertos.

XURADO:
Estará constituído polos membros do EDLG do colexio, un membro do Equipo Directivo e un membro da AMPA.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Remata o día 25 de maio.

FALLO:
Farase público no Blog do EDLG, no Blog da Bibliotecana páxina web do colexio  o día 1 de xuño.

BASES CARTELERÍA

PARTICIPACIÓN
Poderán optar ao premio todas as rapazas e todos os rapaces do Colexio Sagrado Corazón de Jesús.

MODALIDADES
Os traballos deberán ser orixinais e en lingua galega. Deberase elaborar un cartel publicitario que teña como finalidade a promoción e difusión da lingua galega.
Formato DIN A3, A4

PRESENTACIÓN
Poderán ser entregados en man ao correspondente titor-a/profesor-a ou envialo a antonio@sagradopontevedra.org Nel incluirase un título ou un pseudónimo pero non o nome da autora ou autor.

Nun folio á parte, incluiranse os datos persoais do autor (nome, apelidos, idade, curso). Tamén deberá figurar o pseudónimo ou o lema e o título. Para acreditar a súa condición de alumna ou alumno do grupo indicado serán asinados polo titor correspondente.

PREMIOS
O cartel gañador será serigrafiado nunha bolsa de tela para a compra,praia...

XURADO
O xurado estará composto por dous tres membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), un membro do Seminario de Plástica, un membro do Equipo Directivo e un representante da ANPA.

Os membros valorarán:
  • Poder de persuasión
  • Claridade expositiva
  • Creatividade no deseño
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Remata o día 25 de maio, Día das Letras Galegas.

FALLO
Farase público na web do colexio, no blog do EDLG e no blog da Biblioteca o 1 de xuño.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Gañadores relato de medo